miércoles, 31 de diciembre de 2008

CONCLUSIÓN

Oxe fago a miña última entrada neste blog e dedicolla a facer unha pequena reflexión sobre o uso das TICS no colexio onde realizei as prácticas.
Neste centro as aulas de infantil dispoñen de moitos recursos. Cada aula conta con un ordenador e, ademáis, unha das aulas ten incorporado un encerado dixital, ao que poden acceder calquera das aulas de infantil. O ordenador nas aulas é un recanto, utilizado ás veces de maneira individual pero outras de forma colectiva. Ademáis disto, a aula de cinco anos ten unha radio casete, utilizada na última semana para cantar villancicos. Tamén teñen unha aula de informática grande, á que acoden unha vez por semana. Esta aula conta con un encerado dixital, no cal os nenos xogaron e descubriron cousas novas.
Os nenos de primaria tamén teñen un ordenador nas aulas con internet en todas as aulas do centro.
O ordenador é utilizado polo nenos como un recanto máis da aula, sobre todo cos nenos de 4 e de 5 anos. Xogan con xogos de internet ou ben con cds dos que dispoñen as profesoras. Ás veces e sobre todo polas tardes, utilizan o ordenador para ver películas como se fose un cine.
No comedor, como xa vos comentei noutra entrada e vos ensinei fotos, instalaron unha pantalla xigante para levar os nenos e poñerlles películas.
Como conclusión podo decir que o colexio conta con moitos recursos e que os nenos fan moito uso das novas tecnoloxías, o cal o vexo positivo para o seu aprendizaxe e a súa educación, xa que aprenden dunha forma lúdica e divertida.

sábado, 29 de noviembre de 2008

DIA DO ESPECTADOR

Coma se de un cine de verdade se tratase, fai dous mércores os nenos tiveron cine no comedor cunha pantalla moi grande e... non faltaron as palomitas!! Os nenos pasarono moi ben e quedaron moi sorprendidos e contentos:







jueves, 27 de noviembre de 2008

INTRODUCIMONOS EN PORTUGAL






O luns pasado a clase e 3 anos B rematou o proxecto "Eu son", polo que o martes comezaron con outro proxecto que xa vos comentei na anterior entrada, un proxecto sobre o noso país veciño, "Proxecto de Portugal". A mestra Silvia quixo realizar un proxecto sobre este país debido a que unha nena desa clase é portuguesa, e así os seus compañeiros saben un pouquíño máis dela. A quí vos mostro algúns traballos que realizaron en torno a ete proxecto:





















O mércores tocou clase de informática e os nenos pasarono moi ben xogando co Encerado Dixital. Puideron pintar coas mans, escoitar cancións e facer debuxos cos lápis de cores:












































martes, 25 de noviembre de 2008

A CLASE DOS ARTISTAS!

A profe Silvia da clase de 3 anos B vai comezar esata semana cun proxecto sobre Portugal. Decidiu facelo sobre esta país porque nesta clase hai unha nena portuguesa.

Antes de comentar o proxecto e as actividades desta semana gustariame que virades os cadros que relizaron os nenos desta aula.


Despois de coñecer a Jackson Pollock, un pintor inglés que fai cadros abstractos, os nenos fixeron o seu propio cadro colectivo de Jackson Pollock.




































Quedando como resultado:








Pero ademáis de realizar este cadro tamén traballaron con unha técnica pictórica, o puntillismo, aplicado no seguinte cadro:


























Oxe, xoves, toca clase de arte, polo que os nenos van a pintar o seu propio Jackson Pollock individual. Xa vos ensinarei como quedaron.






viernes, 21 de noviembre de 2008

COLORIN, COLORADO...

Aquí vos presento a aula de 3 anos A do colexio de Calo, na cal estiven a semana pasada:


Durante a semana pasada, os nenos da clase de 3 anos A do colexio de Calo estiveron pintando o seu propio conto. O conto titulase ¨De quen é esta pluma?¨. Cada día a mestra entrégalles unha fotocopia de cada páxina do conto e os pequenos pintan con distintos materiais. O mércores pintaron con pinceles e o venres tocoulles con ceras.
Ademáis desta actividade realizan moitas outras. Cada día o primeiro que se fai é elixir un encargado de cada mesa, que será quen reparta as fichas, as cestas de cores,... Posteriormente pasan lista, contan os nenos que faltan, din que día é e o tempo que fai. Logo pasan a realizar fichas e, esta semana, a colorear o seu propio conto.


En canto ás novas tecnoloxías, todas as aulas de infantil contan con un ordenador, instalado nas aulas este ano por primeira vez, e unha radio. Neste ordenador de aula poden realizar diferentes actividades: colorear algún animal, o xogo de buscar parellas, puzles,... Ademáis, a mestra ponlles algunhas películas e cancións .
Os xoves, os cativos acoden á sala de ordenadores, xa que o colexio conta con unha aula de informática. O xoves pasado non puideron acudir debido a que estaban en obras, xa que están instalando na maioría das aulas pizarras dixitales, incluídas as aulas de infantil.
O xoves pola tarde, os nenos levaron unha gran sorpresa, ¡ían ir ó cine! Esto era algo novedoso para eles, xa que dende principio de curso nunca foran. No comedor instalaron unha gran pantalla na que proxectaban unha película de debuxos animados. Todos os nenos quedaron moi sorprendidos e están desexando volver.
Ademáis das clases de informática, os nenos teñen clases de inglés ás que lle adican unha ora semanal. Nestes intres, están aprendendo os números ata cinco e xa saben decir algunha cor.
Esta semana estou na clase de 3 anos B e, ao longo desta semana según vos vaia contando, xa comprobaredes que son uns verdadeiros artistas.



























































































































miércoles, 5 de noviembre de 2008

My first blog


Este é o meu primeiro blog e dedicollo as novas tecnoloxías.

Datos personales