viernes, 21 de noviembre de 2008

COLORIN, COLORADO...

Aquí vos presento a aula de 3 anos A do colexio de Calo, na cal estiven a semana pasada:


Durante a semana pasada, os nenos da clase de 3 anos A do colexio de Calo estiveron pintando o seu propio conto. O conto titulase ¨De quen é esta pluma?¨. Cada día a mestra entrégalles unha fotocopia de cada páxina do conto e os pequenos pintan con distintos materiais. O mércores pintaron con pinceles e o venres tocoulles con ceras.
Ademáis desta actividade realizan moitas outras. Cada día o primeiro que se fai é elixir un encargado de cada mesa, que será quen reparta as fichas, as cestas de cores,... Posteriormente pasan lista, contan os nenos que faltan, din que día é e o tempo que fai. Logo pasan a realizar fichas e, esta semana, a colorear o seu propio conto.


En canto ás novas tecnoloxías, todas as aulas de infantil contan con un ordenador, instalado nas aulas este ano por primeira vez, e unha radio. Neste ordenador de aula poden realizar diferentes actividades: colorear algún animal, o xogo de buscar parellas, puzles,... Ademáis, a mestra ponlles algunhas películas e cancións .
Os xoves, os cativos acoden á sala de ordenadores, xa que o colexio conta con unha aula de informática. O xoves pasado non puideron acudir debido a que estaban en obras, xa que están instalando na maioría das aulas pizarras dixitales, incluídas as aulas de infantil.
O xoves pola tarde, os nenos levaron unha gran sorpresa, ¡ían ir ó cine! Esto era algo novedoso para eles, xa que dende principio de curso nunca foran. No comedor instalaron unha gran pantalla na que proxectaban unha película de debuxos animados. Todos os nenos quedaron moi sorprendidos e están desexando volver.
Ademáis das clases de informática, os nenos teñen clases de inglés ás que lle adican unha ora semanal. Nestes intres, están aprendendo os números ata cinco e xa saben decir algunha cor.
Esta semana estou na clase de 3 anos B e, ao longo desta semana según vos vaia contando, xa comprobaredes que son uns verdadeiros artistas.



























































































































No hay comentarios:

Datos personales