miércoles, 31 de diciembre de 2008

CONCLUSIÓN

Oxe fago a miña última entrada neste blog e dedicolla a facer unha pequena reflexión sobre o uso das TICS no colexio onde realizei as prácticas.
Neste centro as aulas de infantil dispoñen de moitos recursos. Cada aula conta con un ordenador e, ademáis, unha das aulas ten incorporado un encerado dixital, ao que poden acceder calquera das aulas de infantil. O ordenador nas aulas é un recanto, utilizado ás veces de maneira individual pero outras de forma colectiva. Ademáis disto, a aula de cinco anos ten unha radio casete, utilizada na última semana para cantar villancicos. Tamén teñen unha aula de informática grande, á que acoden unha vez por semana. Esta aula conta con un encerado dixital, no cal os nenos xogaron e descubriron cousas novas.
Os nenos de primaria tamén teñen un ordenador nas aulas con internet en todas as aulas do centro.
O ordenador é utilizado polo nenos como un recanto máis da aula, sobre todo cos nenos de 4 e de 5 anos. Xogan con xogos de internet ou ben con cds dos que dispoñen as profesoras. Ás veces e sobre todo polas tardes, utilizan o ordenador para ver películas como se fose un cine.
No comedor, como xa vos comentei noutra entrada e vos ensinei fotos, instalaron unha pantalla xigante para levar os nenos e poñerlles películas.
Como conclusión podo decir que o colexio conta con moitos recursos e que os nenos fan moito uso das novas tecnoloxías, o cal o vexo positivo para o seu aprendizaxe e a súa educación, xa que aprenden dunha forma lúdica e divertida.

No hay comentarios:

Datos personales